miércoles, 7 de noviembre de 2012

CAMBIO OU DONACIÓN DE ROUPA DEPORTIVA

Debido á crisis económica, sei que a algúns de vos se vos fai moito comprar roupa para os vosos fillos/as cada ano, xa que estos medran e se lles queda pequena. É por iso e máis porque algúns pais/nais así o solicitaron polo que propoñemos unha idea.
Aqueles rapaces/as que xa non lles sirva a súa roupa do clube, chandal, sudadeira ou polo (que esté en boas condicións) e queiran donala, o clube recolleraa e daralla a aqueles nenos/as que non a poidan comprar e a necesiten. Estes tamén entregarán a súa roupa que xa non lle sirve para outros máis pequenos.
Animamosvos a colaborar e damos as gracias ós que xa entregaron algunha roupa porque aqueles que a recibiron están moi agradecidos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario